Esta información é para España, onde está baseada a túa aplicación. Para consultar a política doutro país, visita o noso Centro de Axuda no teu navegador e toca o ícono do globo.
Estou asegurado ao reservar un coche compartido a través de Freenow?
Onde debo notificar os danos do coche compartido?
Que pasa se incumpro as normas de tráfico durante o meu alugueiro de coche compartido?
Que debo facer se teño un accidente nun coche compartido?
Atopoei/perdín algo no coche compartido. Con quen debo poñerme en contacto?
Estou asegurado ao reservar un coche compartido a través de Freenow?
Si. Todas as túas viaxes en coche compartido reservadas a través da aplicación Freenow están totalmente cubertas polo seguro habitual de cada provedor.
O seguro cobre todas as persoas ocupantes do vehículo no momento do accidente ou dano, sempre que se cumpran as normas de tráfico e os Termos e condicións. Isto inclúe as seguintes coberturas
- Responsabilidade civil
- Todo risco
É necesario pagar unha franquía en caso de accidente no que sexas culpable. Isto significa que terás que pagar os danos ata un máximo do importe da franquía. Se se produce un accidente e non tes a culpa, non terás que pagar a franquía.
Onde debo notificar os danos do coche compartido?
Antes de iniciar o alugueiro e durante este, é necesario comunicar calquera dano directamente aos nosos socios de coche compartido. O xeito máis sinxelo de informar de calquera dano é enviar fotografías: unha fotografía de preto e outra máis ampla para mostrar o alcance do dano no seu contexto. Se os danos che impiden conducir o vehículo, chámaos inmediatamente.
Free2move
- hola@free2move.com / +34 91 130 9473
Voltio
- cc_freenow@voltio.com / +34 91 048 8617
Que pasa se incumpro as normas de tráfico durante o meu alugueiro de coche compartido?
Se te descobren incumprindo as normas de tráfico, recibirás a notificación oficial e deberás pagar o importe de multa e unha taxa administrativa adicional.
Os nosos socios enviaranche directamente as infraccións de tráfico a ti como cliente, e Freenow tamén recibirá unha notificación.
Que debo facer se teño un accidente nun coche compartido?
En caso de accidente, en primeiro lugar, asegúrate de que ti, as outras persoas a bordo e todas as persoas implicadas estades ben. Se é necesario, chama ao servizo de emerxencias (112).
Unha vez a salvo, chama ao noso socio de coche compartido:
Free2move
- hola@free2move.com / +34 91 130 9473
Voltio
- cc_freenow@voltio.com / +34 91 048 8617
Atopoei/perdín algo no coche compartido. Con quen debo poñerme en contacto?
Se atopas un obxecto que non che pertence, déixao no vehículo.
Se perdiches un obxecto, ponte en contacto co noso socio de coche compartido, que che axudará a recuperalo:
Free2move
- hola@free2move.com / +34 91 130 9473
Voltio
- cc_freenow@voltio.com / +34 91 048 8617